Comproba a compatibilidade do teu dispositivo

Para nenos e adolescentes

Pódese usar a aplicación Family Link en dispositivos Android que teñan a versión 7.0 (Nougat) ou unha posterior. Así mesmo, é posible que tamén funcione nos dispositivos coas versións 5.0 e 6.0 de Android (Lollipop e Marshmallow). Tes máis información no noso Centro de Axuda.

Para pais

Os pais poden usar a aplicación Family Link en dispositivos Android que teñan a versión 5.0 (Lollipop) ou unha superior e en iPhones que teñan a versión iOS 11 ou unha superior.

Comproba cal é a versión de Android que estás usando

1. Abre a aplicación Configuración no teu dispositivo Android.

2. Desprázate ata a parte inferior.

3. Toca Acerca do teléfono ou Acerca da tableta para consultar o número da túa versión.

Configuración
Sistema
Data e hora
Acendido e apagado programados
Accesibilidade
Actualización de software
Xestión xeral
Acerca do teléfono

A aplicación Family Link tamén se pode usar en Chromebook

Mantente ao tanto de todo cando o teu fillo ou filla inicie sesión nun Chromebook cunha conta de seu.

Máis información