Queres ter información sobre a túa privacidade en Google?
Deches co lugar indicado! Consulta as preguntas que máis nos fan os nenos, como de que xeito che poden axudar os teus pais a xestionar as cousas de Google, que información utiliza Google e moitas máis.
Nota para os pais: Esta información só se aplica ás Contas de Google xestionadas a través de Family Link, para nenos menores de 13 anos (ou a idade aplicable no teu país). Para obter máis información, consulta o Aviso de privacidade e a Política de privacidade.
Quen é a persoa encargada da miña conta?
A túa nai ou pai é a persoa encargada da túa Conta de Google. Pode utilizar unha aplicación chamada Family Link para axudarlle a xestionala. Podes asumir o control da túa conta cando sexas máis grande.
O teu pai ou nai pode facer cousas como:
- Iniciar sesión na túa conta, cambiar o seu contrasinal ou eliminala.
- Bloquearche o teléfono ou a tableta.
- Ver onde está o teu teléfono ou tableta.
- Escoller as aplicacións que podes usar.
- Ver o tempo que botas usando as aplicacións.
- Cambiar as cousas que ves nalgunhas aplicacións de Google, como a Busca de Google, YouTube ou Google Play.
- Escoller os teus controis de actividade. (Estas son opcións de configuración que gardan información sobre o que fas con Google.)
- Escoller as opcións de configuración e os permisos das túas aplicacións.
- Elixir o nome, a data de nacemento e outra información da túa conta.
- Escoller o que podes descargar ou comprar nalgúns produtos de Google, como Google Play.
Como e por que utiliza Google a miña información?
Podemos gardar información que nos deades ti ou os teus pais, como o teu nome e data de nacemento. Tamén gardamos información cando usas os nosos sitios e aplicacións. Traballamos arreo para manter a seguranza desta información e utilizámola, entre outras cousas, para facer que os sitios e aplicacións de Google che sexan máis útiles.
En compañía do teu pai ou nai, obtén máis detalles sobre os posibles usos que lle damos á túa información:
- Asegurar o funcionamento das nosas aplicacións e sitios: por exemplo, se escribes "cadeliños" na Busca de Google, usamos esa información para mostrarche contido sobre cadeliños.
- Mellorar os nosos sitios e aplicacións: por exemplo, se se avaría algo, usamos a información para amañalo.
- Protexer Google, os nosos usuarios e o público: utilizamos a información para mellorar a seguranza das persoas cando están en liña.
- Crear sitios e aplicacións: analizamos como se utilizan os sitios e as aplicacións actuais para obter ideas sobre novos produtos de Google que podemos deseñar.
- Mostrarche cousas que igual che interesan: por exemplo, se che gusta ver vídeos de animais en YouTube Kids, podemos mostrarche máis.
- Mostrarche anuncios en función de certa información, como os sitios que visitaches.
- Comunicarnos contigo: por exemplo, é posible que usemos o teu enderezo de correo electrónico para che enviar mensaxes. Consulta sempre co teu pai ou nai antes de abrir mensaxes de persoas descoñecidas.
Podo indicarlle a Google o que debe gardar?
Si, podes cambiar algunhas cousas que gardamos sobre ti. Se fas algúns cambios na configuración de privacidade, como os Controis de actividade, comunicarémosllelo aos teus pais. Pódenche axudar a cambiar a configuración.
Os teus pais e mais ti podedes ver e xestionar parte da información sobre ti e a túa Conta de Google en calquera momento.
Google comparte nalgún caso a miña información persoal con outras persoas?
Son poucos os casos en que podemos compartir a túa información persoal, como o nome, con persoas ou servizos que non pertenzan a Google. Se a compartimos, tomamos medidas para asegurarnos de que estea protexida.
Podemos compartir información persoal:
- Cos teus pais e o teu grupo familiar en Google.
- Con empresas colaboradoras.
- Cando a túa nai ou pai nos dá o seu consentimento.
- Cando temos que facelo por cuestións legais.
Quen máis pode ver o que comparto en liña?
Ten presente que son moitas as persoas que poden ver o contido que compartas en liña, como os correos electrónicos ou as fotos. Comparte contido só con persoas nas que confíes. En caso de dúbida, pide consello aos teus pais ou a un membro da familia.
Queres saber máis? Pídelle ao teu pai ou nai que che axude a ler a nosa Política de privacidade.
Queres ter información sobre a túa privacidade en Google?
Deches co lugar indicado! Aquí podes obter máis información sobre como Google recompila e usa a información cando utilizas os nosos sitios e aplicacións. Tamén descubrirás como che poden axudar os teus pais a xestionar a túa Conta de Google e os teus dispositivos.
Nota para os pais: Esta información só se aplica ás Contas de Google xestionadas a través de Family Link, para nenos menores de 13 anos (ou a idade aplicable no teu país). Para obter máis información, consulta o Aviso de privacidade e a Política de privacidade.
Quen é a persoa encargada da miña conta?
Nestes momentos é o teu pai ou nai quen se encarga da túa Conta de Google. Pode utilizar unha aplicación chamada Family Link para axudarche a xestionar a conta ata que sexas maior dabondo para facelo sen supervisión.
O teu pai ou nai pode facer cousas como:
- Iniciar sesión na túa conta, cambiar o seu contrasinal ou eliminala.
- Definir límites de tempo e horarios de uso dos teus dispositivos, como teléfonos ou tabletas.
- Ver onde está o teu teléfono ou tableta.
- Escoller as aplicacións que podes usar.
- Ver o tempo que botas usando as aplicacións.
- Xestionar a configuración de contido dalgunhas aplicacións e sitios de Google, como a Busca de Google, YouTube ou Google Play. Esta configuración pode cambiar o que ves.
- Xestionar os controis de actividade da túa conta, como o historial de YouTube, e impedir que ti os poidas xestionar.
- Revisar os permisos das aplicacións do teu teléfono ou tableta. Por exemplo, se as aplicacións poden usar o micrófono, a cámara ou os contactos.
- Consultar, cambiar ou eliminar información sobre a túa conta, como o teu nome, sexo ou data de nacemento.
- Aprobar as túas descargas e compras nalgunhas aplicacións e sitios de Google, como Google Play.
Como e por que utiliza Google a miña información?
Como a maioría de sitios e aplicacións, recompilamos a información que nos proporcionades tanto ti como os teus pais, como o teu nome e data de nacemento, ademais da información derivada do uso que fas dos nosos sitios e aplicacións. Traballamos arreo para manter a seguranza desta información e utilizámola, entre outras cousas, para facer que os nosos produtos che sexan máis útiles. Por exemplo, recompilamos datos para:
- Asegurar o funcionamento das nosas aplicacións e sitios: por exemplo, se escribes "deportes" na Busca de Google, usamos esa información para mostrarche contido sobre deportes.
- Mellorar os nosos sitios e aplicacións: por exemplo, se se avaría algo, usamos a información para amañalo.
- Protexer Google, os nosos usuarios e o público: utilizamos a información para mellorar a seguranza das persoas cando están en liña. Por exemplo, para detectar e evitar fraudes.
- Crear sitios e aplicacións: analizamos como se utilizan os sitios e as aplicacións actuais para obter ideas sobre novos produtos de Google que podemos deseñar.
- Ofrecerche información personalizada, que vén sendo mostrarche cousas que cremos que igual che interesan. Por exemplo, se che gusta ver vídeos de animais en YouTube Kids, podemos recomendarche máis.
- Mostrarche anuncios en función de certa información, como os sitios que visitaches.
- Comunicarnos contigo: por exemplo, é posible que usemos o teu enderezo de correo electrónico para che enviar unha mensaxe en caso de haber un problema de seguranza. Consulta sempre co teu pai ou nai antes de abrir mensaxes de persoas descoñecidas.
Podo indicarlle a Google o que debe gardar?
Si, podes cambiar algunhas cousas que gardamos sobre ti. Por exemplo, se non queres que gardemos o historial de YouTube na túa Conta de Google, podes desactivar esta opción. Se fas algúns cambios na configuración de privacidade, como os Controis de actividade, comunicarémosllelo aos teus pais. Pódenche axudar a cambiar a configuración.
Os teus pais e mais ti podedes ver e xestionar parte da información sobre ti e a túa Conta de Google en calquera momento.
Google comparte nalgún caso a miña información persoal con outras persoas?
Son poucos os casos en que podemos compartir a túa información persoal, como o nome, con servizos ou persoas que non pertenzan a Google. Se a compartimos, tomamos medidas para asegurarnos de que estea protexida.
Podemos compartir información persoal:
- Coa túa nai ou pai e o teu grupo familiar en Google.
- Con empresas colaboradoras.
- Cando a túa nai ou pai nos dá o seu consentimento.
- Cando temos que facelo por cuestión legais.
Quen máis pode ver o que comparto en liña?
Ten presente que son moitas as persoas que poden ver o contido que compartas en liña, como os correos electrónicos ou as fotos. Así que se comparte algo en liña, pode ser difícil quitalo. Comparte contido só con persoas nas que confíes. En caso de dúbida, pide consello aos teus pais ou a un membro da familia.
Queres saber máis? Pídelle ao teu pai ou nai que che axude a ler a nosa Política de privacidade.
Queres ter información sobre a túa privacidade en Google?
Aquí podes obter máis información sobre como Google recompila e usa a información cando utilizas os nosos sitios e aplicacións. Tamén descubrirás como che poden axudar os teus pais a xestionar a túa Conta de Google e os teus dispositivos.
Esta información só se aplica ás Contas de Google xestionadas a través de Family Link para nenos e adolescentes que non alcanzan o requisito de idade mínimo para xestionaren as súas contas. Para obter máis información, consulta o Aviso de privacidade e a Política de privacidade.
A miña nai ou pai pode axudarme a xestionar a conta?
Os teus pais poden utilizar unha aplicación chamada Family Link para che axudar a xestionar distintos aspectos da túa Conta de Google. Dependendo do dispositivo que uses, poden facer cousas como:
- Iniciar sesión na túa conta, cambiar o seu contrasinal ou eliminala.
- Definir límites de tempo e horarios de uso dos teus dispositivos.
- Consultar a localización dos dispositivos activos nos que inicies sesión.
- Xestionar as túas aplicacións e ver canto tempo as utilizas.
- Xestionar a configuración de contido dalgunhas aplicacións e sitios de Google, como a Busca de Google, YouTube ou Google Play. Esta configuración pode cambiar o que ves.
- Xestionar os controis de actividade da túa conta, como o historial de YouTube, e impedir que ti os poidas xestionar.
- Revisar os permisos das aplicacións do teu dispositivo. Por exemplo, se as aplicacións poden usar o micrófono, a cámara ou os contactos.
- Consultar, cambiar ou eliminar información sobre a túa conta, como o teu nome, sexo ou data de nacemento.
- Aprobar as túas descargas e compras nalgunhas aplicacións e sitios de Google, como Google Play.
Como e por que utiliza e recompila Google a miña información?
Como a maioría de sitios e aplicacións, recompilamos a información que nos proporcionades tanto ti como os teus pais, como o teu nome e data de nacemento, ademais da información derivada do uso que fas dos nosos sitios e aplicacións. Traballamos arreo para manter a seguranza desta información e utilizámola, entre outras cousas, para facer que os nosos produtos che sexan máis útiles. Por exemplo, recompilamos datos para:
- Protexer Google, os nosos usuarios e o público: utilizamos os datos para mellorar a seguranza das persoas cando están en liña. Por exemplo, para detectar e evitar fraudes.
- Ofrecer os nosos servizos: utilizamos os datos para ofrecer os nosos servizos. Por exemplo, procesamos os teus termos de busca para obter resultados.
- Manter e mellorar os nosos servizos: por exemplo, podemos facer un seguimento dos nosos produtos para ver se deixan de funcionar como deberían. Saber cales son os termos de busca que se escriben incorrectamente con máis frecuencia axúdanos a mellorar as funcións de revisión ortográfica que se usan nos nosos servizos.
- Desenvolver novos servizos: os datos axúdannos a desenvolver novos servizos. Por exemplo, comprender como organizaban os usuarios as súas fotos en Picasa, a primeira aplicación de fotos de Google, axudounos a deseñar e lanzar Google Fotos.
- Personalizar contido, que vén sendo mostrarche cousas que cremos que igual che interesan. Por exemplo, se che gusta ver vídeos de deportes en YouTube, podemos recomendarche máis.
- Mostrarche anuncios en función de certa información, como os sitios que visitaches, os termos de busca que introduciches ou a túa cidade ou provincia.
- Medir o rendemento: utilizamos os datos para medir o rendemento e saber como se usan os nosos servizos.
- Comunicarnos contigo: por exemplo, é posible que usemos o teu enderezo de correo electrónico para che enviar unha notificación en caso de detectar actividade sospeitosa.
Como podo escoller o que garda Google?
As opcións de configuración permítenche limitar os datos que recompilamos e a súa utilización. Por exemplo, se non queres que gardemos o historial de YouTube na túa Conta de Google, podes desactivar esta opción. O teu pai ou nai recibirá unha notificación se fas cambios nos Controis de actividade. Máis información sobre a configuración de privacidade
Podes ver e xestionar parte da información sobre ti e a túa Conta de Google en calquera momento.
Google comparte nalgún caso a miña información persoal con outras persoas?
Non compartimos a túa información persoal con empresas, organizacións e individuos que non pertenzan a Google, non sendo en casos limitados, como cando o esixe a lexislación vixente. Se a compartimos, tomamos medidas para asegurarnos de que estea protexida.
Podemos compartir información persoal:
- Cos teus pais e o teu grupo familiar en Google.
- Cando ti e o teu pai ou nai nos deades permiso ou por cuestións legais. Compartiremos información persoal fóra de Google se cremos que pode ser necesario para:
- Cumprir coa lexislación ou coa normativa aplicables, cos procesos legais ou coas esixencias gobernamentais vixentes.
- Executar as Condicións de servizo aplicables, incluída a investigación de posibles infraccións.
- Detectar, previr ou solucionar dalgunha outra forma fraudes e incidencias técnicas ou de seguranza.
- Protexer os dereitos, a propiedade ou a seguranza de Google, dos nosos usuarios ou do público en xeral na medida esixida ou permitida pola lexislación aplicable.
- Para o procesamento externo. Ofrecemos información persoal ás empresas coas que colaboramos para que procesen os datos en función das instrucións que lles damos. Por exemplo, as empresas externas axúdannos a xestionar o servizo de atención ao cliente e temos que compartir información persoal con elas para que poidan responder as preguntas dos usuarios.
Quen máis pode ver as cousas que comparto, como fotos, correos electrónicos e documentos?
Podes escoller se compartes contido concreto con outras persoas nas aplicacións e sitios de Google que utilizas.
Ten en conta que cando compartes contido, é posible que outras persoas o volvan compartir, mesmo en aplicacións e sitios que non pertencen a Google.
Podes eliminar o contido da túa conta en calquera momento, pero deste xeito non se eliminan as copias que xa compartiches.
Ten sentidiño co que compartes e faino só con persoas nas que confíes.
Para obter máis información sobre estes temas, consulta en calquera momento a nosa Política de privacidade.